xa teñen 20 días, e xa empezan a probar un pouco de leituga, estarán con Blanquita, a sua nai algo mais de dous meses, sera cando Blanquita deixe de darlles leite.
Somos criadores do porco celta e criamos os nosos animais dunha maneira natural. Os nosos porcos están ao aire libre, entran e saen do curral con liberdade. Alimentámolos con produtos naturais como legumes, froitas, verduras, herba, landras, castañas, e cun aporte de fariña de millo, cebada e trigo. Os porcos son criados entre 12 ou 16 meses e son sacrificados nos meses do inverno coa chegada do frío. Tamen criamos Galiña de Mos, raza esta autoctona galega, e temos cordeiros e cabuxas.
asoporcel
Pertencemos a Asoporcel. Nesta asociación sentímonos apoiados e protexidos. Coincidimos coa súa preocupación pola recuperación e conservación do patrimonio xenético da raza porcina galega, unha raza que a principios do século XX foi a máis importante en Galicia, sendo a que predominaba nos cortellos galegos e se comercializaba nas feiras. A mediados do século XX o porco celta sofre unha continua redución a causa da importación doutras razas e o seu cruzamento. É por iso que nos anos 50 só un 14% do total son de raza celta, seguindo a súa diminución co paso dos anos. A finais dos 90 comeza a recuperación desta raza grazas a que nalgúns lugares foron conservados algúns exemplares. Na actualidade grazas a Asoporcel o porco celta foise recuperando e está incluído como raza no catálogo oficial de Razas de Gando de España, como raza autóctona española de protección especial.
condicións para a compra
Na nosa explotación realizamos o proceso completo de reprodución e cría dos animais para a obtención dunha carne natural e moi sabrosa. Pódese adquirir medio porco a 6 euros o quilo ou o porco enteiro a 5.5 euros o quilo. A reserva do porco pode facerse dende o mesmo momento do nacemento. O proceso de cría e ceba dura uns 14 meses e o peso final en canal varía entre os 130 e os 160 quilos, podendo nalgúns casos ser maior. Os porcos son sacrificados no matadeiro, e teñen todas as garantías de sanidade co sello deste. Todos os porcos están identificados co seu crotal e están sometidos a todos os controis pertinentes, tanto por parte de Asoporcel como pola Consellaría do Medio Rural.
a galiña de mos
Na casa tamén temos galiña de Mos que, ao igual que os nosos porcos, criamos dunha maneira natural. No galiñeiro de cría temos unha media de 15 galiñas e un galo, e no galiñeiro de cebo temos para a venda unha media de 50 animais, entre galiñas e galos, os precios oscilan dependendo da idade da ave, galiñas entre 25 e 40 euros e galos entre 40 e 50 euros . A Galiña de Mos é unha raza autóctona galega que, ao igual que o porco celta, tamén estivo en perigo de extinción.
a casa vella
Convertemos a pequena bodega da casa, nun pequeno lugar onde podes vir a acompañarnos e probar os nosos productos de porco celta, de galiña de Mos e tamén do noso horto, ademais dunha tranquila charla ou dunha pequena biblioteca que temos á túa disposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario