miércoles, 28 de julio de 2010

novos "pitiños" na casa vella

Acaban de chegar, naceron o sábado 24 de xullo e agora cuns días de vida, xa corren polo galiñeiro e pola eira, sempre detrás da nai. Son os primeiros pitos de Mos que nacen na casa, desexavamos que a nosas galiñas de Mos, chocaran, e así foi.





miércoles, 26 de mayo de 2010

novas pitas de mos no noso galiñeiro

xa temos novas pitas de mos no noso galiñeiro, naceron o un de abril (xoves santo) en pontecaldelas, angel é o criador de galiña de mos de pontecaldelas, podedes visitalo no seu blog en: http://www.blogoteca.com/gandodoaire

aquí tendes unhas cantas fotos das pitas no galiñeiro, coidadas por xela a nosa filla e tamén polo pato que adoptarón.



1ª xuntanza de criadores de porco celta

este sábado 29 de maio do 2010, faremos na casa vella do porco celta unha xuntanza de criadores, os que querades participar no xantar poñerse en contacto con nosotros.

os nosos porquiños na opinión

os nosos porquiños sairon na opinión da coruña, aquí tendes a páxina onde sairon e tamén o ligazón da mesma
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2010/04/19/autentico-manjar-celta/376585.html

jueves, 22 de abril de 2010

lunes, 19 de abril de 2010

xa chegou a primaveira

despois de tanta choiva, parece que xa chegou a primaveira, xa levamos uns cantos días sen chover, deisovos unhas cantas fotos da granxa.


isolina e blanquita as nosas hembras disfrutando dun bo manoxo de herba.


lua a nosa mastina.




aquí tendes a calcetines o noso verraco, xunto as crias de isolina, agora teñen todos 5 meses.

jueves, 11 de marzo de 2010

a nosa bodega "a casa vella"



unhas fotos da nosa bodega, onde podedes vir a degustar os nosos productos.

miércoles, 10 de febrero de 2010

"calcetines" o noso novo verraco


aqui tendes unha foto, onde podedes ver a "calcetines" (o que esta abaixo, na esquerda de cor negro e cas patas brancas), na explotación de Foz onde naceu, agora ten tres meses e xa é un novo membro da nosa explotación, e vai ser o verraco das nosas hembras.

lunes, 1 de febrero de 2010

os nosos porquiños na voz de galicia

os nosos porquiños sairon na voz de galicia, aquí tendes a páxina onde sairon e tamén o ligazón da mesma www.lavozdegalicia.es/arousa/2010/01/22/0003_8243810.htm